sábado, 17 de marzo de 2012

Entroido de O Hio

Este Entroido tan peculiar vense facendo desde moitos anos atrás. Os vellos recórdano desde que eran nenos e xa o recordaban os seus avós. Ninguén sabe ben cando comezou, hai quen di que alá polo século XIX. Antigamente só participaban os homes e levaban as bandeieras de España. Hoxe participan todos os veciños e veciñas e as bandeiras son a de Galicia.

En cada unha das sete parroquias do Hío, o Entroido comeza a prepararse unhas semanas antes coa reunión dos socios que son os solteiros e solteiras maiores de idade. Nesta reunión decídese quen van ser os presidentes dese ano. Aos elexidos espéralles un importante labor: recadar polas casas veciñais as cotas (por casa 15 euros e por socio, 22 euros) para afrontar os pagos do viño, dos foguetes e dos gaiteiros que teñen que contratar e veñen con pensión completa.

Os presidentes ou presidentas (antes só podian ser homes pero hoxe esas discriminacións xa están superadas) tamén son os encargados de falar cos restaurantes onde comen os gaiteiros, de buscarlles sitio onde durmir, de abrir os corredoiros, de levar a orde das comparsas, repartie viño... é dicir, de que todo funcione á perfección. O Entroido do Hío pode parecer un caos pero está moi ben organizado.

Entre os preparativos está a construcción das portadas, os arcos baixo os que as comparsas teñen que pasar para chegar ao palco. Todos os veciños axudan na súa elaboración. O arco está feito de mimosa, loureiro e acacia e cando se pasa por debaixo hai que pasalo de cu. Fai falta moita xente para poder poñelo en pé. Antigamente as portadas construíanse coas varas de pescar o bonito.


 Tamén hai que construír o palco onde tocan os gaiteiros, con táboas e adornado con mimosas, loureiro e acacia, igual que o arco.

A formación das comparsas é moi sinxela, diante van dúas bandeiras aos lados, e no medio o estandarte. A xente da aldea fai quendas para levalas. A continuación sitúanse os gaiteiros e detrás de eles o resto da aldea disfrazados e bailando,formando un desfile  cheo de cor e música.

Antigamente os homes vestían o uniforme da Mariña e as mulleres facían vestidos con flores, lazos e fitas nos sombreiros. Hoxe mantense a tradición de ir disfrazados, cadaquén coma lle pete. Pero hai que ter en conta que o disfrace ten que ser cómodo xa que hai que camiñar moito.

O Entroido comeza o domingo pola tarde en cada aldea, facendo o percorrido e inaugurando o baile, e remata o martes pola noite.

O luns pola mañá, todas as comparsas seguidas dos veciños e veciñas, sae para reunirse coas demais comparsas no lugar acordado, o Igrexario. O percorrido desde Vilanova é cara a Pinténs, e de Pinténs ao Igrexario. Alí atópanse cos que veñen de Nerga, Donón, Liméns e por último Vilariño.

Estes últimos anos, estase enchendo de moita xente de fóra, no Hío non se lle pecha a porta a ninguén, pero pídese respecto, xa que este último ano tivose que poñer policía para vixiar o Igrexario polos destrozos ocorridos anos antes.

Definitivamente o Entroido de O Hío, é o mellor de toda Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario